

Estimado lector:
No pretendo hacer una tesis formal sobre las virtudes que puedan adornar esta publicación que ahora tiene en sus manos, recién abandonada la cuna de su diseño y aún en pañales en su difusión, pero predispuesta a consolidar, con su generoso interés, la mayoría de edad. Tan sólo quiero exponerle algunas de las claves de este proyecto literario que, editado por Dardo ds, pretende cubrir el vacío existente entre las revistas de simple divulgación y las encargadas de profundizar específicamente en la realidad sociocultural, habitualmente poco preocupadas por un diseño ágil y adaptadas a los tiempos que corren.
El objetivo principal de Serendipia radica en valorar y hacer atractiva nuestra propia cantera cultural procurando la fusión de la palabra y la imagen, y respetando escrupulosamente la diversidad de opinión de nuestros acreditados colaboradores habituales o firmas invitadas. Garantizar la independencia y rigor de nuestros contenidos, alejados de servidumbres al poder político de turno, o de sometimientos al económico o empresarial, será una máxima a seguir, para no estar atrapados por ningún tipo de influjo mediático y mantener una pluralidad editorial, inusual en este tipo de productos, generalmente orientados hacia intereses concretos.
Serendipia, nombre todavía con forma de neologismo, quiere ser una declaración de intenciones en torno a esa alianza con la suerte, a la consecución inesperada, o a la casuística y, con un sentido de la sorpresa que, intenta reflejarse en la originalidad de los artículos propuestos y en una imagen cuidada. Fundamentada básicamente en áreas de comunicación y cultura, no faltan secciones como arquitectura, arte contemporáneo, literatura, cine, música y tendencias, dejando también lugar para otros sectores como la economía o la política que serán tratados desde un enfoque crítico y siempre entendidos como elementos diferenciadores de un modo de hacer cultura. En definitiva, una publicación de periodicidad bimestral, articulada en la cultura visual contemporánea y que atenderá al contexto gallego. Y es que, Serendipia será bilingüe, convencidos de la conveniencia de esta simbiosis que explicamos más adelante. Tal es así, que los propios autores serán quienes asuman y canalicen su creatividad para alcanzar metas comunes y enraizar el sentimiento de la cultura gallega.
Espero que usted, amable lector, aunque sea por serendipia, encuentre en esta revista lo que, tal vez sin proponérselo, andaba buscando.
EL DIRECTOR
Estimado lector:
Non pretendo facer unha tese formal sobre as virtudes que poidan adornar esta publicación que agora ten nas súas mans, recén abandonado o berce do seu deseño e aínda en cueiros na súa difusión, pero predisposta a consolidar, co seu xeneroso interese, a maioría de idade. Tan só quero expoñerlle algunhas das chaves deste proxecto literario que, editado por Dardo ds, pretende cubrir o baleiro existente entre as revistas de simple divulgación e as encargadas de profundar especificamente na realidade sociocultural, habitualmente pouco preocupadas por un deseño áxil e adaptadas aos tempos que corren.
O obxectivo principal de Serendipia radica en valorar e facer atractiva a nosa propia canteira cultural procurando a fusión da palabra e a imaxe, e respectando escrupulosamente a diversidade de opinión dos nosos acreditados colaboradores habituais ou firmas invitadas. Garantir a independencia e rigor dos nosos contidos, afastados de servidumes ao poder político de quenda, ou de sometementos ao económico ou empresarial, será unha máxima a seguir, para non estar atrapados por ningún tipo de influxo mediático e manter unha pluralidade editorial, inusual neste tipo de produtos, xeralmente orientados cara a intereses concretos.
Serendipia, nome aínda con forma de neoloxismo, quere ser unha declaración de intencións en torno a esa alianza coa sorte, á consecución inesperada, ou á casuística e, cun sentido da sorpresa que, intenta reflectirse na orixinalidade dos artigos propostos e nunha imaxe coidada. Fundamentada basicamente en áreas de comunicación e cultura, non faltan seccións como a arquitectura, a arte contemporánea, a literatura, o cine, a música e as tendencias, deixando tamén lugar para outros sectores como a economía ou a política que serán tratados dende un enfoque crítico e sempre entendidos como elementos diferenciadores dun modo de facer cultura. En definitiva, unha publicación de periodicidade bimestral, articulada na cultura visual contemporánea e que atenderá ao contexto galego. E é que, Serendipia será bilingüe, convencidos da conveniencia desta simbiose que explicamos máis adiante. Tal é así, que os propios autores serán os que asuman e canalicen a súa creatividade para alcanzar metas comúns e enraizar o sentimento da cultura galega.
Espero que vostede, amable lector, aínda que sexa por serendipia, atope nesta revista o que, tal vez sen se o propoñer, andaba buscando.
O DIRECTOR
Edita ARTEDARDO: Rúa Lisboa 6A, 3ºA. Área Central-Fontiñas. 15707 Santiago de Compostela. Tel.-Fax: 0034 881 976 986
