serendipia
damian ucieda
¿É cultura o deporte? :: Moncho Viña
<< sumario

Cada certo tempo, o corpo pídeme volver escoitar unha grabación de Vázquez Montalbán que dura 18 minutos e 14 segundos. Trátase dunha comparecencia ante a prensa en Pontevedra para presentar o seu último libro. Efectivamente, alí comenzaron a falar da nova criatura literaria, pero moi pouco, porque pronto introduciuse de forma insensata, porque o asunto non ia diso, o tema do fútbol. Bendito atrevemento.
Vázquez Montalbán, que era un comunicador extraordinario porque lograba a mesma precisión coa retórica –incluso improvisada– que cando escribía, falou primeiro da orixe do deporte actual, do fútbol como relixión, e como traca final respostou á pregunta do millón: ¿para usted, o fútbol é cultura?
Como se nada, baixou cunha axilidade felina ao pozo da sabiduría para ilustrar sobre a orixe do actual deporte que apareceu no século XIX coa revolución industrial como resposta da xente á necesidade vital de exercitarse, de espelir o corpo. Antes, facíase de seu polo desgaste físico que esixían as sociedades agrarias, pero coa revolución industrial a vida convertérase en mais sedentaria. A estas necesidades dos cidadáns responderon os diferentes gobernos con distintas políticas deportivas, desde as mais sociolóxicas do deporte para todos, ao olimpismo. A partir de ahí, o deporte converteuse nunha impresionante forza de dominio. Na longa etapa da guerra fria, os eventos deportivos (xogos olímpicos, mundiais ou europeos) eran case o único punto de confluencia entre bloques, e alí medíase quenes eran os mais fortes; os hexemónicos. Gañar, significaba darlle validez ao proxecto político dun país.
Así, os modos de rendibilidade do deporte, fóronse sucedendo con variantes en cada fase, ata chegar á actual do deporte-mercadotecnia-negocio. Colosais maquinarias de creación de divos para vender camisetas e todo tipo de productos; o deporte individual como saúde deixou de ser rendible para case todos os gobernos, tan so é un ben moi preciado para as franquicias de todo tipo de vendedores. Porque para os mandatarios políticos, a luz celestial soamente os ilumina cando aparece un deportista de elite, un nome que arrastre masas. Se ademais é dócil, ten tirón popular e fai guiños de afecto á causa, eso xa é a de Deus.
Ainda que eu non estive presente na rolda de prensa-tertulia-conferencia de Montalbán, teño a intuición pola grabación que o ambiente no local pontevedrés era de admiración ao escritor catalán e de apertura a fondo dos sentidos, para tratar de non perder ningunha das ensinanzas de aquel sabio. Montalbán recoñeceu o que xa sabíamos, que era barcelonista, e explicou o porque.
Nova pregunta de rango superior, e nova resposta magnífica. ¿É o fútbol unha relixión?
Si rotundo. Montalbán definiu o fútbol como un novo deseño de relixión laica con templos (estadios), rituais litúrxicos (xestos), signos (berros e cancións), e incluso disfraces ou vestimentas especiais. No fútbol hai deuses e demos, e nos partidos hai unha reprodución-representación a “morte” entre os gañadores e os perdedores. Eso si, ten como vantaxe que a promesa do ceo para os que gañan é inmediata pero perecedeira, e para os que perden, o lume do inferno queima de súpeto pero pasa ás poucas horas ou días. Nesta reprodución a “morte” entre gañador e perdedor, a participación do público e activa e afecta, léxicamente, ó seu ánimo posterior.
As persoas precisamos un compoñente religioso: creer en algo que non se ve; que non existe según os negadores do ateismo. Pero podes creer no teu equipo de fútbol porque é algo mais liviano, do que non se deriva ningunha verdade única. O fútbol é un tipo de Fe moi interesada, pero moi práctica.
Con tanta e tan boa “chicha”, a rolda de prensa foi avanzando por pura lóxica cara ó seu cumio. O deporte, pero especialmente o fútbol ¿é cultura? Manuel Vázquez Montalbán deu unha resposta rápida, como se fose un asunto que tiña (seguro que era así) moi trillado, moi meditado para ir identificando impostores. E afirmou que a cultura ten duas vertentes: a do patrimonio histórico do saber adquirido que hai que coidar e preservar e a consciencia do real, saber o que existe ao teu arredor.
Cando escoito por enésima vez a grabación, véñenme sempre unhas irrefrenables gañas de aplaudir. Este gran home lograra superar a barreira do son e xa non lle zoaban os oidos ao escoitar as criticas dos puretas, dos que teñen a cultura metida en vitrinas pechadas con mil chaves. Esa xente insegura e temerosa (ainda que nas súas manifestacións públicas vaian de todo o contrario), mira cara o tempo coa luz de un candil de carburo sen ter a capacidade de asomarse á fiestra para ollar como vai o mundo real.
Tamén me escandalizou a min, cando escoitei ó folósofo Gustavo Bueno (ao pai, porque ao fillo aínda lle faltan varias ferveduras) como analista do Gran Hermano televisivo. Decíame eu qué facía aquel sabio diseccionando friáis. A resposta de Gustavo Bueno foi a mesma que a de Montalbán expresada doutro xeito. Pode ser que detestes, incluso, o Gran Hermano, que o consideres vulgar, zafio e mal exemplo, pero sucede que se converteu nun fenómeno social. Interesa, e polo tanto hai que analizalo, diseccionalo, saber o seu porque. Se cadra, hai que fixarse moito para exprimir a súa vertente cultural, sobre todo si o miras con ollos cuadriculados. Pero, ¿qué era o hippismo?; uns melenudos satánicos. ¿Qué pensaba a xente de ben, incluidos teóricos da Cultura con mayúsculas, nos inicios dos Beatles e os Stones?; que eran uns porcos, por dentro e por fora.
Na antiga Grecia, a corrente dos cínicos, polo nome e polo que pensaban e facían, non parecia ter futuro, e hoxe é obrigado que a estudemos para entender o que fan algúns. Claro que é difícil amoldarse aos cambios, sobre todo cando non nos gustan. Pasmamos con algúns cambios, como por exemplo coas novas televisións de plasma ou coa nitidez das canles de TDT, pero non nos gusta o que poñen nelas. Antes o mérito estaba en ser recatadas, e agora hai concursos para xente normal no que falta decir ás claras que levará o mellor premio quen demostre ou diga ser mais ‘puta’. Pode ser que moitos consideren esto como perversións do sistema e outros dirán que é a evolución. En todo caso son cambios sociais, novas formas de cultura, pero cultura. Como o deporte, como o fútbol especialmente.
Non ten discusión que os piares básicos da cultura son a literatura, a música, a pintura, a escultura ou a arquitectura, pero ese edificio precisa vida, precisa placas, ladrillos, mobles. Por falar claro, prodúcenme repugnancia o medido desprecio dos futboleros. Aqueles que se afastan á presa para que non os identifiquen con algo tan popular e vulgar. Eses, ainda que manexen outro discurso, son os das listas pechadas do correcto e do incorrecto, do ben e do mal.
¡Ah!, como son periodista deportivo, voulle por nome propio aos que fan literatura de nivel escribindo cousas de futbol. Nas hemerotecas hai crónicas deliciosas de Antonio Valencia no Marca dos anos sesenta. Julio César Iglesias, Santi Segurola, Eduardo Mendoza, o arxentino Fontanarrosa, incluso algúns arrebatos brillantes de Valdano. E os humoristas finos, Panies, Guillen Martinez, etc.¡A ver quen se atreve a decir que non é cultura escoitar a Arsenio Iglesias cando está pletórico e da cursos magnificos de sabiduría popular! Asi, como quen non quere a cousa.

comunicador extraordinario porque lograba a mesma precisión coa retórica –incluso improvisada– que cando escribía, falou primeiro da orixe do deporte actual, do fútbol como relixión, e como traca final respostou á pregunta do millón: ¿para usted, o fútbol é cultura?
Como se nada, baixou cunha axilidade felina ao pozo da sabiduría para ilustrar sobre a orixe do actual deporte que apareceu no século XIX coa revolución industrial como resposta da xente á necesidade vital de exercitarse, de espelir o corpo. Antes, facíase de seu polo desgaste físico que esixían as sociedades agrarias, pero coa revolución industrial a vida convertérase en mais sedentaria. A estas necesidades dos cidadáns responderon os diferentes gobernos con distintas políticas deportivas, desde as mais sociolóxicas do deporte para todos, ao olimpismo. A partir de ahí, o deporte converteuse nunha impresionante forza de dominio. Na longa etapa da guerra fria, os eventos deportivos (xogos olímpicos, mundiais ou europeos) eran case o único punto de confluencia entre bloques, e alí medíase quenes eran os mais fortes; os hexemónicos. Gañar, significaba darlle validez ao proxecto político dun país.
Así, os modos de rendibilidade do deporte, fóronse sucedendo con variantes en cada fase, ata chegar á actual do deporte-mercadotecnia-negocio. Colosais maquinarias de creación de divos para vender camisetas e todo tipo de productos; o deporte individual como saúde deixou de ser rendible para case todos os gobernos, tan so é un ben moi preciado para as franquicias de todo tipo de vendedores. Porque para os mandatarios políticos, a luz celestial soamente os ilumina cando aparece un deportista de elite, un nome que arrastre masas. Se ademais é dócil, ten tirón popular e fai guiños de afecto á causa, eso xa é a de Deus.
Ainda que eu non estive presente na rolda de prensa-tertulia-conferencia de Montalbán, teño a intuición pola grabación que o ambiente no local pontevedrés era de admiración ao escritor catalán e de apertura a fondo dos sentidos, para tratar de non perder ningunha das ensinanzas de aquel sabio. Montalbán recoñeceu o que xa sabíamos, que era barcelonista, e explicou o porque.
Nova pregunta de rango superior, e nova resposta magnífica. ¿É o fútbol unha relixión?
Si rotundo. Montalbán definiu o fútbol como un novo deseño de relixión laica con templos (estadios), rituais litúrxicos (xestos), signos (berros e cancións), e incluso disfraces ou vestimentas especiais. No fútbol hai deuses e demos, e nos partidos hai unha reprodución-representación a “morte” entre os gañadores e os perdedores. Eso si, ten como vantaxe que a promesa do ceo para os que gañan é inmediata pero perecedeira, e para os que perden, o lume do inferno queima de súpeto pero pasa ás poucas horas ou días. Nesta reprodución a “morte” entre gañador e perdedor, a participación do público e activa e afecta, léxicamente, ó seu ánimo posterior.
As persoas precisamos un compoñente religioso: creer en algo que non se ve; que non existe según os negadores do ateismo. Pero podes creer no teu equipo de fútbol porque é algo mais liviano, do que non se deriva ningunha verdade única. O fútbol é un tipo de Fe moi interesada, pero moi práctica.

inicio
01
02
03
04
05
06

 

 

Edita ARTEDARDO: Rúa Lisboa 6A, 3ºA. Área Central-Fontiñas. 15707 Santiago de Compostela. Tel.-Fax: 0034 881 976 986

 

SUMARIOS