

Estimado/a lector/a:
Novo curso, novos plans. Outubro é sempre un mes propicio para fixar novos obxectivos, para propoñernos o, case sempre, inalcanzable. Setembro aínda é verán, época de resaca. Outubro xa é outono, zona de contenda. Serendipia e os seus lectores buscan tamén novas metas e propostas. E o noso fin, como publicación, é ofrecer o que nos piden e o que cremos que nos poidan chegar a pedir sen que nolo pidan. Os nosos lectores esíxennos cada día un pouco máis. Reclámannos novas seccións e novos contidos. Pídennos riscos e innovación e demándannos calidade e calidez. E tratamos de compracelos. Non nos interesan demasiado as contendas políticas. As eleccións xerais serán na próxima primavera, en 2008. Aínda faltan máis de seis meses. Case ninguén o nega. Outros cren que o pistoletazo de saída produciuse incluso o mesmo día que concluíu o reconto das urnas, a noite do 14 de marzo de 2004. O certo é que o combate xa está na rúa. Durante os próximos 200 días viviremos un constante bombardeo mediático. Dará a impresión de que telexornais, informativos e xornais só están preocupados co que sucederá na próxima cita electoral. Serendipia si está interesada na sociedade. Preocúpannos os temas que lle preocupan aos cidadáns. Pero o noso compromiso chega a través da comunicación, da arte, da cultura, do deporte visto con outros ollos. Miramos con outro ollar. Vemos con outros ollos. Escoitamos con outros oídos. Son os ollos nos que as pálpebras péchanse só un momento. E outean o horizonte. Son os oídos que escoitan máis alá. O que vemos e oímos dende o noso faro é diferente ao que se ve nas pantallas de miles de televisores de toda España, ao que se escoita polas mañás nas emisoras de radio. Continúa o noso compromiso. Temos a intención de seguir ao lado dos nosos lectores. Pese as dificultades. Prometemos continuar sendo diferentes. Prometemos estar aí.
O director
Edita ARTEDARDO: Rúa Lisboa 6A, 3ºA. Área Central-Fontiñas. 15707 Santiago de Compostela. Tel.-Fax: 0034 881 976 986
